O Concello do Carballiño pídelle ó Consello de Contas unha "auditoria específica"
O Alcalde do Carballiño, Carlos Montes, asinou un escrito dirixido ó Consello de Contas de Galicia no que solicita "a realización dunha auditoria especifica pola que se poida determinar con exactitude a solvencia financieira do Concello do Carballiño", o escrito tivo a súa saída desde o rexistro municipal do Concello do Carballiño o pasado día 30 de decembro, según deu a coñecer o Bloque Nacionalista Galego por medio dun comunicado difundido hoxe. Tamén aclaran os nacionalistas que esta petición do Alcalde foi "a requirimento do Grupo Municipal do BNG no Concello do Carballiño". A "solicitude" dunha auditoria ó Consello de Contas fíxose coincidir, pois, coa aprobación dos orzamentos municipais para o 2010 cos votos favorables de PSOE e BNG, e foi precisamente nesa sesión da Corporación cando se adiantou a decisión de presentar esta petición ante o Consello de Contas de Galicia. Desta maneira, o novo goberno bipartito desbota a posibilidade de contratar unha auditoria externa das contas municipais dos últimos anos no Concello Carballiñés, tal como acordara o Pleno da Corporación Muncipal, tras unha moción que presentara o Bloque Nacionalista Galego, xa no mes de xullo de 2008. O Consello de Contas de Galicia, ó que os concellos teñen a obriga de presentar os seus balances económicos anuais, xa advertira tempo atrás da complicada situación financieira do Concello do Carballiño e incluso recomendara á instituación municipal carballiñesa un plan de saneamento económico.