O Concello do Carballiño pon en marcha o teléfono do contribuínte
O concello do Carballiño ofrece xa un novo número de teléfono para a atención tributaria, este número é o 988 98 40 71, e estará aberto de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas de forma ininterrompida.
Neste teléfono todo contribuínte do Carballiño poderá consultar calquera dúbida tributaria, como prazos de pagamento ou débedas co concello, e ao mesmo tempo ofrécelle servizos como solicitar duplicados de pagamentos, a domiciliación de recibos co conseguinte beneficio que isto reporta ao contribuínte carballiñés mediante gravación de voz, os ingresos en conta e todo o que teña que ver co servizo de recadación do concello.
Así mesmo ofrécese a posibilidade aos contribuíntes dun servizo de información tributaria sms, co que quen o desexe poderá recibir mediante unha mensaxe de texto, toda a información relativa aos seus impostos e taxas municipais. Este servizo poderase adquirir dando o teléfono móbil a través da liña antes mencionada, o 988 98 40 71, ou ben directamente na oficina de recadación municipal situada na rúa Faustino Santalices.
Con este servizo o usuario recibirá inmediatamente toda a información relativa aos seus impostos municipais tales como períodos de pagamento, débedas ou recargas.
Con este novo servizo o actual grupo de goberno municipal segue apostando por facilitar ao contribuínte todos os seus compromisos co concello, axilizando as xestións e ofrecendo maior comodidade ao veciño.