O Concello do Carballiño pon en marcha a súa oficina virtual
Nesta oficina virtual poderán realizarse tramitacións online ante a administracción local carballiñesa.
Para acceder a este novo servizo que pon en marcha o concello carballiñés tan só será necesario dispoñer dun ordenador con conexión a internet. Poderán facélo as persoas interesadas a través da páxina web , www.carballino.org, e premendo na pestana da "oficina virtual".
Desta maneira, poden realizarse trámites relativos ao padrón municipal de habitantes ou procedementos administrativos ante o departamento de obras e urbanismo, sen necesidade de desplazamento físico ás dependencias municipais. Con esta nova ferramenta pretendese ofrecer a toda a veciñanza unha maior comodidade e axilidade na realización de xestións municipais no concello do Carballiño.
Calquera persoa que estea interesada en aclarar calquera dúbida sobre o funcionamento deste novo servizo será atendida na aula CEMIT do concello do Carballiño.