O concello do Carballiño pretende aforrar ata o 50% do gasto en telefonía contratando cun único operador
O contrato adxudicaráse mediante concurso público, as empresas interesadas teñen de prazo ata o dia 17 deste mes de xaneiro para presentar as súas ofertas.
O prazo de duración do contrato será de 2 anos, prorrogables por outros 2, e o orzamento base de licitación é de 115.702,48 euros, que sumados aos 24.297,52 euros de IVE, fan un total de 140.000 euros.
Con esta medida, adxudicando todos os servizos de telefonía, tanto fixa como móbil e conexión de datos, a un único operador, os responsables municipais esperan obter un aforro de ata o 50% en relación ao gasto que neste concepto ven tendo o concello do Carballiño durante os últimos anos.