O Concello do Carballiño terá que pagar facturas pendentes do ano 2001 por obras no Parking da Alameda
O concello carballiñés afrontará o pagamento de facturas con recoñecemento extra-xudicial dos últimos 10 anos, por importe de 200.923 euros, trátase dun total de 34 facturas que serán remitidas ao Ministerio de Facenda.
A Corporación Municipal celebrará un pleno extraordinario o martes dia 13 para aprobar o expediente que será enviado a Facenda, que se fará cargo do pagamento das facturas a partir do 1 de maio, antes, atá o 31 de marzo terá de prazo o concello, que deberá presentar un plan de viabilidade para garantir o pagamento deste diñeiro que adiantará o Estado.
Entre as facturas que o concello carballiñés abonará mediante este procedemento, alguna remontase ao ano 2001, como a que aínda estaba pendente de pago á empresa que o concello encargara as obras de traslado dos depósitos de gasoil de edificios do entorno da Alameda e a Praza do Emigrante, cando se construíu o Parking da Alameda e o concello tivo que facerse cargo de ese traslado.
Entre as facturas cunha contía máis elevada figuran unha que se corresponde coa empresa que se ocupou da recadación municipal, por importe de 42.923 euros, e outra que ascende a 30.000 euros, do ano 2007, que o Concello do Carballliño ten pendiente de pago á empresa que realizou traballos de acondicionamento nas instalacións do camping municipal, na edificación onde se instalou o restaurante.