O Concello do Carballiño terá un Obradoiro de Emprego a partir de Decembro
Asi o confirmaron os responsables municipais. O investimento do Obradoiro de Emprego será de 250.000 euros, dos que o concello deberá aportar algo máis de 20.000 euros.
O proxecto, financiado pola Xunta e elaborado pola Área de Industria e Promoción de Emprego do concello carballiñés comezará a desenvolverse no mes de Decembro, antes deberá poñerse en marcha o proceso de selección do persoal, monitores e alumnos, en total serán 24.
Durante 6 meses, desenvolverán traballos de forxa e xardineiría, cada unha destas actividades contará cun módulo de 8 alumnos. Os traballos de forxa centraránse na execución dunha pérgola ornamental que se instalará na Praza do Emigrante, a xeito de refuxio para o sol e a choiva, mentres que o módulo de xardineiría desenvolverá a súa actividade nas zonas axardinadas e o parque municipal.
Ademáis, o Obradoiro contará cun módulo de Atención Socio-Sanitaria, que se incluíu neste proxecto en atención a gran demanda que existe para a formación de profesionais para este sector.