O concello do Carballiño acorda dedicarlle a "Festa do Pulpo" 2022 ao Xacobeo, tal como xa fixo en 1993.
Desta maneira, repítese esta dedicatoria ao Camiño Xacobeo, que xa fixera o concello carballliñés no ano 1993, tal como se aprecia no cartaz daquel ano, obra do cartelista histórico da "Festa do Pulpo", Felipe Luis López.
Agora, 29 anos despóis o concello do Carballiño decide que a festa deste ano 2022, que se celebrará como é tradicional o segundo domingo de agosto, sexa dedicaca ao Xacobeo. Os responsables municipais ultiman estes dias a programación de actividades, que recuperá practicamente o seu formato tradicional prepandemia,
Pola comarca do Carballiño percorre o Camiño Mozárabe, tamén coñecido como a Vía da Prata, a través dos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor. Ademáis, o concello do Carballiño forma parte da Asociación do Camiño Miñoto-Ribeiro, que ten como finalidade o recoñecemento oficial desta ruta xacobea que partindo do norte de Portugal percorre polas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, mesmo cun tramo dentro do termo municipal do Carballiño.