O concello do Carballiño acredita que ten dereitos pendentes de cobro que rebasan os 5 millóns de euros. Espazo Común solicita unha auditoria para aclarar "as causas que unhos paguen, outros non, e a outros se lle perdoen débedas"
Na liquidación do orzamento do ano 2020, a cifra de dereitos pendentes de cobro, ascende a máis de 5.000.000 de € e, lóxicamente, gran parte destes cartos proveñen de impostos impagados, aseguran dende Espazo Común. Engaden que "a xestión feita por parte do Servizo de Recadación merece unha atención especial e sería desexable a elaboración dunha auditoría para coñecer realmente as causas de que uns veciños paguen, outros non e a outros se lles perdoen débedas".
O Grupo Municipal de Espazo Común do Carballiño anuncia que vai presentar, para que sexa tratada no pleno deste mes de maio, unha iniciativa para que o Concello, amplíe os prazos de pagamento de débedas de particulares "xa que os que establece actualmente a ordenanza son inasumibles para moitos veciños", consideran.
"Son xa varias as persoas que se dirixiron a nós para expresar o seu desexo de facer fronte ás contías pendentes pero que non poden facerlle fronte ao ser prazos moi reducidos", manifestan dende esta formación politica no concello do Carballiño.