O concello do Carballiño advirte á veciñanza que se sancionarán os vertedoiros incontralados, e recorda que existe un servizo de recollida de voluminosos
O concello do Carballiño advirte a todas as persoas posibles infractoras que se investigará a autoría dos verquidos incontrolados que nos últimos meses están proliferando na zona rural do municipio, e procederáse á apertura de procedementos sancionadores.
Recordan a prohibición de tirar resíduos en espazos non habilitados, xa que os vertedoiros incontrolados supoñen un serio risco para a saúde e danan o medio ambiente natural. Ademáis, dende o concello carballiñés infórmase do funcionamento do servizo municipal de recollida de voluminosos, simplemente hai que chamar ao teléfono 662 090 738 para facilitar os datos correspondentes, despóis indicaránlle o dia e hora para depositar os voluminosos. Tamén poden levarse directamente ao Punto Limpo, sito na estrada de Cea a carón da Mancomunidade, en horario de lúns a venres de 12 a 14 horas.