O concello do Carballiño aposta pola formación mediante o programa "Somos Migracións"
O alunmado participante nos cursos do programa de promoción da participación social dirixidos a pesoas inmigrantes recibíu os seus correspondentes diplomas que acreditan a súa participación nestas novas accións formativas que ven de organizar o concello carballiñés no programa "Somos Migracións".
No acto estiveron os concelleiros Manolo Dacal (Industria e Turismo) e Lorena Castro (Promoción Social e Educación).
Os cursos finalizados foron os de competencia oral en galego e competencia oral en castelán, en ambos a participación completou as prazas dispoñibles. O concello do Carballiño continúa desta maneira apostando pola formación de cara a inserción sociolaboral e xa está a planificar novos cursos a partir do próximo outono.