O Concello do Carballiño conmemora o seu Bicenterario cunha homenaxe a concelleiros e concelleiras
O acto formaba parte da programación da 50 edición da festa do polbo, e xuntou na casa do concello a ex-edís que formaron parte das distintas corporacións municipais que tivo o concello do Carballiño.
Acudiron á convocatoria cursada polo concello numerosos concelleiros e concelleiras que durante as últimas décadas participaron da vida municipal carballiñesa, aínda que tamén houbo algunhas notables ausencias que non responderon á invitación que "pretende simbolizar en todos vos os 200 anos de existencia do excelentísimo concello do Carballiño, os 200 anos de historia que ten este concello que nacía grazas á constitución de 1812", suliñaba o actúal Alcalde Argimiro Marnotes, promotor desta xuntanza.
Tras o recibimento do que foron obxeto ao son do himno do antigo reino de Galicia a cargo da Banda de Gaitas do Carballiño, os asistentes a este acto escoitaron unha breve alocución do Alcalde, que agradeceu a súa presenza, manifestando que "ninguén mellor ca vos sabe os sacrificios e o tempo que hai que dedicarlle a actividade municipal, e tamén as satisfaccións que podemos ter por ter servidos aos nosos veciños".
Maarnotes aproveitou este acto "dos 200 anos do noso concello para ensalzar a figura das administraccións locais, agora precisamente, que parecen ún dos males do actúal sistema, son os concellos a base da nosa democracia, as institucións que máis preto están da cidadanía á hora de traballar por resolver os seus problemas", remarcou.
Chamados ún a ún, os edís presentes recibiron un agasallo conmemorativo deste acto, logo fixeron unha "foto de famila" na Praza Maior e escoitaron un concerto da Banda escola de Música do Carballiño.