O concello do Carballiño dedica a 61 edición da Festa da Pulpo ao Camiño Miñoto-Ribeiro para potenciar a súa internacionalidade dentro da Ruta Xacobea
A Festa do Pulpo, que se estreou como Festa de Interese Turístico Internacional na pasada edición, se dedicará este ano, na número 61, ao Camiño Miñoto.
O que se pretende con esta decisión é potenciar a súa internacionalidade dentro da Ruta Xacobea. O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, mantiveron unha reunión co rexedor de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, e os seus homónimos de Vedra, Carlos Martínez, e de Arnoia, Rodrigo Aparicio, que forman parte da Asociación Camiño Miñoto. A entidade, da que tamén forma parte o concello do Carballiño, creouse no ano 2014 para recuperar, divulgar e lograr a oficialidade do Camiño Miñoto Ribeiro a Santiago de Compostela.
O Camiño Miñoto é un dos máis antigos que enlazaban o norte de Portugal con Compostela. Na maior parte do seu trazado segue percorrendo os mesmos sendeiros, calzadas romanas e camiños medievais. Este Camiño é por natureza, eixe vertebrador dun territorio que engloba, entre outros caracteres, tres elementos diferenciais que se confiren un carácter propio: natureza, termalismo e viño. A Festa do Pulpo do Carballiño celebrarase, como é tradición, a segunda fin de semana de agosto cunha completa programación que se irá dando a coñecer nas próximas semanas e a previsión de recibir a milleiros de visitantes.