O concello do Carballiño dotaráse dun novo Regulamento de Honras e Distincións
O Concello do Carballiño dotarase dun novo Regulamento de Honras e Distincións, normativa que terá por obxectivo fixar os procedementos para premiar merecementos excepcionais en todas as ordes ou servizos destacados, prestados en beneficio de O Carballiño e o seu concello. Cinco serán as modalidades que se inclúen no documento de Honores e Distincións que será presentado á corporación municipal.
- Nomeamento de fillo predilecto do Concello do Carballiño. - Nomeamento de fillo adoptivo do Concello do Carballiño., - Medalla de ouro do Concello do Carballiño. - Medalla de prata do Concello do Carballiño. - Nomeamento de presidente honorario da Corporación do Carballiño.
Para a concesión dos honores e distincións previstos será precisa a instrución do correspondente expediente, no que se deberan acreditar os méritos e circunstancias da persoa ou entidade á que se pretende distinguir. Cando concorran extraordinarios e notorios méritos no interesado, poderá prescindirse do expediente, sempre que o acordo se adopte por aclamación. A iniciativa do expediente poderá partir da presidencia da Corporación do Carballiño; de proposición asinada por nove concelleiros da Corporación municipal (como mínimo) ou de instancia subscrita alomenos por cen residentes no concello; ou por unha entidade, institución ou corporación da provincia de recoñecido prestixio.
Haberá un número máximo de distincións (8 nos casos de fillos predilectos, adoptivos e medalla de ouro e 15 no das medallas de prata). As distincións non se poderán acordar sen a existencia previa de vacantes. Cando os titulares da mesma sexan persoas xurídicas, as vacantes entenderanse que se producen a partir dos 10 anos da data do acordo da concesión. As concedidas a título póstumo non se computarán a efectos de número máximo de medallas de ouro e de prata.
Segundo se recolle no Regulamento de Honores e Distincións do Excelentísimo Concello do Carballiño, en todos os casos a presidencia da Corporación será o órgano competente para ordena-la instrución no expediente, así como para o nomeamento do instrutor.