O Concello do Carballiño insta á Xunta a que corrixa a mala recepción da TDT "porque non se pode ver o fútbol na TVG"
Desde o Concello do Carballiño asegurase que fai seis meses desde que se puxeron en coñecemento da Dirección Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia as deficientes condicións de recepción da televisión dixital terrestre tanto no ámbito urbano coma no rural no municipio carballiñés, xa que son frecuentes as queixas que se presentan no propio Concello por parte dos usuarios da TDT "que no poden ver correctamente varias canles, entre elas a da TVG, unha das queixas máis repetidas ven motivada pola imposiblidade de ver os partidos da liga europea, que son emitidos pola TVG dixital". No comunicado de protesta emitido desde o Concello Carballiñes tamén se pón de manifesto que "todo apunta a que o problema radica na existencia dunhos eólicos preto da zona dos emisores, ubicados no monte da Medela. Os técnicos da Xunta aseguraron que o problema quedaría arranxado ca reubicación destes emisores, pero aínda non fixeron este traballo, co conseguinte trastorno para os veciños do Carballiño". Tamén se aegura desde a Entidade Municipal que xa se está a traballar para a instalación dos equipos reemisores necesarios para dar cobertura total na TDT a todo o territorio muncipal, antes do apagón analóxico, concretamente estímase necesaria a colocación de seis micro-reemisores nas localidades de O Penedo, Pol, Señorín, Mesego, Porto de Eguas e Godás, para que a cobertura sexa do 100% no Concello do Carballiño. A instalación deste equipamento tamén foi xa solicitada a Dirección Xeral de Comunicación.