O Concello do Carballiño mostra as súas condolencias pola morte de José Luis Cuerda, "gran amigo do Carballiño".
O Concello do Carballiño emitíu un comunicado no mostra as súas condolencias polo pasamento de José Luis Cuerda "gran cineasta e amigo do Carballiño"
Desde o Concello do Carballiño manifestan "o máis fondo pesar ás súas fillas Elena e Irene, demais familia e amigos. E deixar testemuña da súa fonda pegada na nosa vila e comarca, e nos nosos corazóns".
José Luis Cureda chegou a estas terras no ano 2000 para rodar a curtametraxe "Primer amor", e dende entón visitou O Carballiño e comarca unha infinidade de veces, onde pasou moitas tempadas nos últimos vinte anos, tras comprar unha casa en Paradela de Moldes, no concello de Boborás, e despois, no ano 2002, un caserón do século XV en Cubilledo-Gomariz, preto de Leiro, onde creou a adega do seu viño San Clodio, e onde estableceu a dirección de Produccións A Modiño S.L.
"O seu recordo como gran cineasta e intelectual, e sobre todo como persoa comprometida coa cultura e co Carballiño, onde deixa moi boas amizades, permanecerá sempre con nós", recolle o texto de pésame difundido polo concello do Carballiño.