O concello do Carballiño presenta un complexo deportivo na Uceira que inclúe a construcción dun novo estadio de fútbol. Aquí podes ver a memoria detallada do proxecto.

16, Maio 2024

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acompañado da concelleira de deportes, Silvia Baranda, presentou esta mañá na casa do concello o proxecto para a construcción dun ambicioso complexo deportivo na Uceira, que inclúe a construcción dun novo estadio de fútbol, asi como a reforma integral do campo de fútbol base xa existente na actualidade e un novo campo de fútbol-8. O alcalde tamén contempla unha pista de atletismo nesta mesma zona.

Agora, o reto do concello carballiñés é chamar ás portas das distintas administracións para lograr a financiación necesaria para a execución deste proxecto, que según a memoria presentada hoxe estaría entre os 10 e os 12 millóns de euros.

Abrindo o arquivo adxunto podes ver a memoria detallada deste proxecto: