O concello do Carballiño solicita á Deputación un informe de compatibilidade dun dos membros designados para a Mesa de Contratación da Auga.

Asi o acreditou en COPE O Carballiño o concelleiro e portavoz do grupo municipal socialista, Diego Fernández.
Tralas advertencias de Espazo Común sobre "o evidente conflito de intereses" na Mesa de Contratación que deberá resolver a adxudicación do contrato da auga e que apuntaba a un dos técnicos nomeados pola Deputación de Ourense, o portavoz do grupo socialista dixo que están seguros "da honorabiliade de todos os técnicos que son os máis cualificados nos seus departamentos, aínda asi o concello solicitou á Deputación un informe de compatibilidade para que non haxa ningún tipo de dubida".
Escoita aquí as manifestacións de Diego Fernández sobre este asunto: