O concello do Carballiño traballa na elaboración dun plan de mobilidade para as rúas do casco urbano. Escoita aquí a entrevista ao concelleiro Alberto Otero, que repasa diversos asuntos da actualidade municipal.

20, Novembro 2023

O concelleiro de persoal, seguridade, emerxencias, mobilidade, administración xeral, rexime interior e obras do concello do Carballiño, Alberto Otero repasa en COPE O Carballiño a actividade das súas áreas, respondendo ás preguntas dos e das ointes desta emisora de radio.

Entre outros asuntos, o concelleiro atendeu queixas sobre o deficiente estado de varias rúas, e mesmo anunciou que o concello xa traballa nun plan de mobilidade para mellorar o tráfico e a seguridade no casco urbano do Carballiño. Tamén asegurou que antes de rematar o ano comezarán as obras de reforma integral da rúa Ourense.

No audio adxunto podes escoitar a intervención radiofónica do concelleiro carballiñés.