O Concello do Irixo no punto de mira da Consellería de Facenda pola xestión económica: solicítalle un plan económico-financieiro para correxir os desequilibrios no gasto
Por segunda vez o órgano autonómico encargado de supervisar o cumplimento das normativas nas entidades locais, entre elas a lei de estabilidade e sostenibilidade presupostaria, pídelle ao concello do Irixo que elabore e remita á Consellería de Facenda un plan económico-financieiro para correxir os desequilibrios no gasto.
Desta maneira, o órgano competente en materia de supervisión volve "apretarlle as tuercas" ao concello do Irixo pola súa deficiente xestión económica.
Según os datos recollidos no informe elaborado polos técnicos de Facenda, o concello do Irixo veráse obrigado a cadrar a súas contas a través dun plan económico-financieiro, tras detectarse desequilibrios que poñen en perigo a estabilidade presupostaría da institución municipal que goberna o támden formado por Manuel Penedo e Manuel Cerdeira, alcalde e vicealcalde, respectivamente.