O concello do Irixo nomea a título póstumo fillo predilecto ao exalcalde Manuel Penedo, ademáis a Praza do Concello pasa a levar o seu nome.
A Praza do concello do Irixo é dende hoxe oficialmente Praza de Manuel Penedo, o exalcade que gobernou este concello durante 32 anos, entre os anos 1987 e 2019. Foron os irmáns do finado alcalde, Maria Jesús e Isaac, os encargados de descubrir a placa identificativa co novo nome que dende hoxe recibe esta Praza, sita a carón da casa do concello.
Ademáis, o pleno da corporación acordou nomear ao exalcade, coincidindo co segundo cabodano do seu pasamento, como fillo predilecto do concello do Irixo,a titulo póstumo. Foi unha emotiva xornada na matinal deste sábado 7 de Agosto, na que participaron veciños e veciñas do Irixo, familiares de Penedo, concelleiros, e representantes institucionais entre os que se encontraban o delegado da Xunta,Gabriel Alén e a deputada provincial Patricia Torres.
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices foi o encargado de ler os méritos que xustifican o nomeamento do exalcalde como fillo predilecto do Irixo, a título póstumo. Santalices salientou que "o punto forte de Manuel Penedo sempre foi o contacto coa xente, a atención persoal aos cidadáns e as relacións con todos os veciños, tratando sempre de solucionar os problemas que puidesen presentarse". Para o presidente da Cámara Galega, o alcalde Penedo foi "un exemplo de servizo ao ben común, sempre necesario, quizais hoxe máis que nunca". Santalices actuou como instrutor do expediente por petición do actual alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, que colleu o relevo na alcaldia tras o pasamemento de Manuel Penedo Paradela.