O concello estuda dar outra planta á Casa da Cultura, asi o confirmou o alcalde do Carballiño
O alcalde Francisco Fumega desvelou en COPE O Carballiño que estáse estudando dotar dunha nova planta ao edificio da Casa da Cultura do Carballiño.
Fumega recoñeceu que é unha proposta na que ven traballando dende fai algunhos meses e mesmo estando en contacto con algún dos arquitectos autores do proxecto de rehabilitación que se levou a cabo na década dos anos oitenta do século pasado.
O rexedor municipal dixo que para levar a cabo a construcción desta nova planta no edificio é necesario aprobar unha modificación no Plan Xeral de Ordenación Municipal e contar con autorización de Patrimonio, pero non ve ningún tipo de atrancos que poida impedir a execución deste proxecto, tanto no que refírese á estructura do edificio como ao aspécto económico xa que é unha proposta lóxica e racional "que non excede as posiblidades económicas do concello", subliñou.
Con esta actuación, o alcalde considera que O Carballiño podería contar cunha biblioteca moderna nun edifcio integral.
A Casa da Cultura do Carballiño data dos anos oitenta e fora un proxecto dos arquitectos carballiñeses Fernando Blanco Guerra e Chus Blanco Piñeiro, e no que tamén participou Alfredo Freixedo. Foron os autores da rehabilitación deste edificio ata daquela coñecido como "a casa dos mestres", que fora contruida orixinalmente na mesma época na que tamén se edificiou o Grupo Escolar Calvo Sotelo, na década dos anos vinte do século pasado.