O concello estuda dotar a Vilar de Veiga dun novo vial de acceso
O concello do Carballiño contempla a apertura dun novo vial á localidade de Vilar, na parroquia de Veiga, que solucione os problemas de accesibilidade que ten este lugar para o acceso de vehículos de tamaño grande, e mesmo vehículos de emerxencia, como bombeiros, ou doutro tipo.
O alcalde Francisco Fumega está aberto a estudar a execución deste proxecto que se acometería aproveitando un camiño de carro xa existente que comunica Vilar coa zona de Pedrouzo, nas inmediacións de Toscaña de Arriba.
O rexedor municipal confirmou que se trata dunha proposta presentada por veciños "xa fixemos un estudo previo para ver todos os propietarios que terían que ceder terreo para facilitar o ensanche do camiño, despois o concello acometeria o proxecto de apertura do novo vial".