O concello fai un balance satisfactorio da festa do polbo, que en varios aspéctos critican os socialistas
O grupo socialista pide que a festa "non siga dando pasos atrás", mentres que o alcalde considera que "a deste ano é a formula a seguir para facer da semana do pulpo a gran semana festiva da Galicia interior".
Punto de vista ben distinto sobre o desenvolvemetno festivo o que manteñen unhos e outros. Dende o goberno municipal, o alcalde carballiñés defende o éxito da convocatoria e anuncia que dende o concello "seguiráse apostando cara o ano que ven por potenciar as actividades nos dias previos, tivemos dende o dia 2 un notable aumento de visitantes a O Carballiño e moitos comentarios que estamos recibindo coinciden cos nosos datos e tamén coa nosa idea, racionalizar os recursos municipais para as actividades festivas".
Marnotes referíuse expresamente á idea, xa apuntada en anteriores ocasións, da posible reducción de xornadas festivas no San Cibrao en favor da festa do polbo "porque son moitos os factores que xogan a favor de agosto, que é o gran mes vacacional e festivo en Galicia, mentres que en setembro resulta moi complicado para as familias por moitos factores, xa comezou o curso escolar, e xa estamos á volta do verán", manifestou o alcalde, que estivo acmpañado na súa comparecencia por Jesús Rivera, da asociación de hosteleiros do Carballiño, e Julían Garriga, do Centro Comercal Aberto, que fixeron un balance "moi satisfactorio" sobre a repercusión econónica da progamación festiva nestes sectores.
CRITiCAS DO PARTIDO SOCIALISTA
Comezan polo "veto" do concello a algunhos hosteleiros para a instalación de barras na vía pública "non se sabe moi ben defendendo que intereses", polo que piden "criterios claros e equitativos sen discriminar nin a uns nin a outros".
Tamén preocupa aos socialistas "a imaxe que agora poidan ter do Carballiño fora dos nosos límites, unha preocupación que ven dada pola pouca representación institucional nos actos deste domingo". Citan a ausencia do Presidente da Xunta, conselleiros, ou do alcalde de Vigo, cidade á que se dedicou a festa "a explicación é que ninguén se quere facer a foto co alcalde imputado na Pokémon", subliñan dende o Partido Socialista.
Anuncian que investigrán "o número de entradas vendidas e regaladas" para o recinto do concello e afirman que "a calidade do xantar foi criticado por moitos dos presentes". Ademáis, "capítulo aparte merece a limpeza do parque municipal, levada a cabo tarde e mal", aseguran.