O concello felicita a 4 alumnas e 1 alumno do IES nº 1 "por deixar ben alto o nome do Carballiño", tras acadar a excelencia na ABAU
Catro alumnas e un alumno do Instituto nº 1 do Carballiño recibiron esta mañá unha homenaxe do concello, tras acadar a excelencia nas probas de acceso á Universidade. Trátase de Carlota Álvarez Feijoo, Marta López Gil, Rita Tizón González, Noelia Trigás Nogueira e Miguel García Fernández.
Todos conseguiron unha nota media superior a 9 nas probas de acceso á Universidade, e outros trece alumnos e alumnas do mesmo instituto estiveron ás portas de acadar un 9 na Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade -ABAU-.
Por este motivo o concello reuniunos esta mañá no salón de pleno nun acto ao que asistiron o alcalde, Francisco Fumega; o director do IES nº 1, Celso Fernández, e o concelleiro de Educación e Cultura, Diego Fernández, así como familiares dos alumnos.
Francisco Fumega fecilitou aos alumnos e ao profesorado do centro no seu nome e no de toda a corporación e veciñanza, e amosou a súa satisfacción pola boa saúde do ensino público no Carballiño.
Celso Fernández agradeceu a deferencia do concello polo recoñecemento aos alumnos, asegurando que era unha satisfacción enorme para os país, pero tamén para o claustro de profesores e profesoras do centro.
Finalmente, Diego Fernández sumouse a estes parabéns e fíxolles entrega aos alumno do libro “O cantigueiro de Orcellón”.