"O Concello gastou 125.000 euros no último ano en pagas extras na Policia Local, mentres continúa sen convocar novas prazas, mantendo un servizo en precario", denuncia o Partido Popular
O informe elaborado polo Partido Popular pon de manifesto que "o sobrecoste en gratificacións extraordinarias no ano 2018 foi de 147.725 € que sumado a seguridade social serían uns 189.000 €".
O grupo municipal do PP asegura ademáis que a maiores "débense de sumar 88.320€ en produtividades só polo feito de ir a traballar".
Con todo, o capítulo máis chamativo deste infomre sobre os costes do servizo de Policia Local no concello do Carballiño "son os 125.788 € que supón un 22% a maiores como media de incremento salarial dos axentes operativos, chegando nalgún caso ao incremento do 52% do soldo establecido".
"Dos decretos de gratificacións e produtividades asinados durante o 2018, se desprenden as cantidades antes mencionadas, polo que se ve que de unha previsión inicial para gratificacións de 36.390 € do orzamento para este concepto para todo o persoal, resultou que se gastaron 189.000 €, o que supón un incremento en materia de gratificacións extraordinarias do 519%", según os datos aportados polo Partido Popular.
Tamén engade como "dos 189.000€, a cantidade de 125.788 € foron destinados a gratificacións extraordinarias de policía local e os restantes 63.212€ para o resto de persoal que vai dende traballadores/as de administración como de diversas brigadas e servicios, sendo a que mais destaca o servicio da grúa".
Co gasto extra destinado a este servizo no concello do Carballiño "poderíase cubrir ata 4 novos postos de axentes, moi necesarios para reforzar un servizo moi debilitado e moi en precario, xa que o concello segue sen convocar as prazas"
Para o corpo de policía, as gratificacións fixábanse no orzamento en 6.390€ e ao ser gastados uns 125.788€ supuxo un incremento neste concepto do 1.969%.
Os populares inciden "sobre as gratificacións extraordinarias feitas neste departamento da Policía Local pois dado a carencia de efectivos fai que algúns deles tiveran que facer servicios extras para cubrir os operativos que seguen a ser igualmente moi deficientes".
O orzamento para a policía local tendo en conta 25 persoas (1 xefe, 2 oficiais, 15 axentes, 2 axentes en segunda actividade, 4 auxiliares de policía durante uns meses e un auxiliar administrativo) ascende a 744.942 € e resulta que contando durante o ano simplemente cun operativo moi mermado o gasto feito entre soldos e gratificacións é de 696.652 €, tan só uns 50.000 € por debaixo do total orzamentado que prevé a situación idónea,en opinión do grupo municipal popular no concello carballiñés.
Entenden dende O PP que "a situación do persoal referida á policía local, debe de ser motivo da súa organización coa oportuna OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO, que entendemos débese de facer de inmediato para cubrir todas as vacantes previstas, e ademais sumar as xubilacións que poderían ter que incrementarse en 2 oficiais e 5 axentes".
Agora ben, "debe de quedar medianamente claro que coa incorporación destes novos efectivos, non so se mellorará o servizo de cara aos veciños/as do pobo, senón que ademais, no departamento da policía se rebaixe dos 125.788 € gastados este ano aos 6.390€ previstos no orzamento para ese concepto de gratificacións. Alo menos, será o que pediremos como compromiso dende o Grupo Popular para poder contar co noso apoio", subliñan.
Finalmente, concluen que "non podemos ter un escenario que supoña pagar 7 soldos mais que poden ser uns 230.000€ e non ter planificado convenientemente o rebaixar os 125.788€ pagados en gratificacións extras".
E acaban considerando que "se ven indicios electoralistas nas gratificacións de algúns departamentos do concello dado o forte incremento no reparto das cantidades neste último ano".