O concello incrementará o gasto no servizo de axuda a domicilio, que pasa dos 226.000 actuais aos 407.000 previstos para a próxima concesión
A corporación aprobou, coa abstención dos socialistas, o prego de bases que regulará a concesión do contrato para a xestión do servizo municipal de axuda a domicilio.
Increméntase siñificativamente a cantidade económica que o concello carballiñés destinará ao mantemento deste servizo, pasando dun orzamento de 226.000 euros que se viñan orzamentado para este fin, aos 407.000 euros do contrato futuro, o que siñificará un importante aumento de horas na prestación deste servizo municipal.
O pleno atendeu unha moción de urxencia do grupo socialista para demandar da Xunta a apertura da Residencia de Tempo Libre durante todo o ano. O grupo socialista aceptou unha transacccional do Partido Popular e finalmente acordouse instar á Xunta de Galicia a que reciba a unha delegación do concello do Carballilño para buscar puntos de encontro cara a dinamización destas instalacións.
Tamén, por unanimidade, aprobouse unha moción do PSdeG contra a privatización dos Rexistros Civís.
A sesión plenaria foi aproveitada polos extraballadores do matadoiro para facer patente a súa protesta pola tardanza na convocatoria do concurso público para a concesión da explotación destas instalacións.
O pleno iniciouse coa toma de posesión da nova concelleira Remedios Castro Covela, que apenas a dous meses por diante para concluir o actuál mandato municipal, sustitúe no grupo socialista a Maria Josefa Pérez, que presentara a súa renuncia no pasado mes de Xaneiro.