O concello licita a obra de demolición do "chalet" das Barcias e a recuperación ambiental da contorna

3, Setembro 2024

O concello carballiñés procederá a demolición da casa das Barcias construída por un particular nos anos 90 do século pasado na Avenida do Arenteiro, no parque municipal.

Trátase dunha edificación que foi construida antes de que o concello do Carballiño acordase a recalificación urbanística da coñecida como "finca das Barcias", de preto de 3 hectáreas de extensión , pasando de solo urbán urbanizable a zona verde, o que levou consigo a expropiación da propiedade na que estaba contemplada a construcción de 40 chalets, do que tan so chegou a construirse tan so o que agora vai demolerse máis de 30 anos despóis.

O procedemento municipal iniciaráse a principios dos anos 90 do século pasado por parte dun goberno do Partido Popular, pero non concluíu ata o ano 2008 co socialista Carlos Montes na alcaldía. O acordo final pechárase do pago por parte do concello do Carballiño de 1,2 millóns de euros aos propietarios.

Agora, o concello licita cun importe base de 47.000 euros o proxecto de demolición e a recuperación medio ambiental da contorna, no parque municipal do Carballiño.