O concello licitará o Servizo de Axuda no Fogar cun contrato que ascende a 4,6 millóns por dous anos. O Partido Popular celebra o anuncio "despois de 20 meses reclamando unha solución para a situación de precariedade actúal".
O grupo de goberno socialista ten ultimado o prego de cláusulas administrativas e técnicas para a licitación dunha nova contratación do Servizo de Axuda no Fogar no concello do Carballiño, que faráse por un periodo de dous anos e prorrogable por outros dous, cunha licitación base que ascende a 4.612.400 euros e para un cálculo de 51.000 horas anuais.
A prestación deste servizo está en precario dende Outubro de 2018, unha vez que venceu o contrato coa empresa adxudicataria, que dende esa data continuou realizando o servizo "administrativamente en precario" e cos prezos sen actualizar, o que levou a empresa xestora a advertír ao concello que se estaba incumprindo o contrato e que deixaría de prestar o servizo a finais deste pasado mes de Marzo, aínda que continúo realizando o servizo unha vez que se declarou a alerta sanitaria e o estado de alarma.
Agora, o goberno municipal agarda á celebración do pleno da corporación municipal para aprobar as condicións do novo contrato, mediante concurso público.
O Partido Popular "celebra" este anuncio "logo de 20 meses que o estabamos agardando" e espera que "o goberno municipal texa arranxado caquera discrepancia económica coa empresa que está a facer o servizo de forma precaria, e se poida garantir un engrenaxe perfecto ente a actúal contrata e a futura que salga do concurso que se pretende sen que se interrompa en ningún momento o servizo".
Tras recordar que foi precisamente o PP quen decidíu externalizar a xestión do SAF no mandato que gobernou o concello entre 2011 e 2015, os populares anuncian que farán algunhas aportacións para incorporar ao prego de licitación que deberá aprobar o pleno da corporación municipal.