O concello moderniza a súa páxina web, mellorando accesibilidade, visibilidade e contidos

14, Xuño 2022

En poucos dias estará operativo o novo portal dixital do concello do Carballiño na nova dirección www.carballino.gal que presentaron hoxe os responsables municipais, o alcalde Paco Fumega e o concelleiro de cultura Diego Fernández, acompañados do autor do deseño Luis Baños e o técnico municipal Cristian López.

Un proxecto no que o concello do Carballiño investíu 14.000 euros para "unha nova web que mellora moito a accesibilidade, tamén a visibilidade e a súa calidade, permitindo unha navegación máis sinxela", dixo no acto de presentación Diego Fernández.

A nova páxina web estará dispoñible tan pronto se complete o proceso do envorcado de todos os contidos á nova dirección na internet.