O concello, partidario de dotar a Espiñedo dun terreo de xogo artificial
O concello do Carballiño, a través da área municipal de Deportes, elabora un proxecto para cambiar o césped natural do estadio de Espiñedo por césped artificial. O motivo desta iniciativa "é mellorar o deficiente estado do terreo de xogo, cun elevado custo do mantemento, que é de entre 30.000 e 40.000 euros anuais" aseguran dende o concello do Carballiño.
"Malia a este importante investimento, e incluso destinando máis diñeiro, non se garante que o césped estea nas mellores condicións durante toda a tempada, polo que, tras consultar aos especialistas na materia, considérase que a solución máis factible é cambiar o césped natural por outro artificial de última xeración, semellante ao que se instalou recentemente noutros estadios", indican nunha nota informativa difundida dende o concello do Carballiño.
E engaden que esto permitirá, ademáis, poder usar o estadio prácticamente todos os días, entrenar e xogar os partidos dos equipos da escola municipal de fútbol, algo que non acontece na actualidade".
En canto á financiacón do proxecto, que non cuantifican, pero que indican "que terá un custo importante, efectuarase por un sistema de renteing ou leasing, a pagar nun período de seis anos, co que podería ser asumido cos orzamentos municipaiis". Finalmente, aseguran que "a área municipal de Deportes, que coordina Silvia Baranda, e tras consultar a especialistas nesta materia, crese que este proxecto é o único que pode garantir un uso continuado e satisfactorio do terreo de xogo de Espiñedo, e ao mesmo tempo, rentabilizar o investimento".
Outros proxectos semellantes estanse levando a cabo en campos de fútbol de vilas e cidades de Galicia, e desde esta área municipal considerase que é o momento oportuno para tomar esta iniciativa.
O Carballliño quedaríase asi sen un campo de fútbol con herba natural, que sí manteñen a maioria das grandes vilas da provincia de Ourense, e tamén do resto de Galicia.