O concello pide a colaboración das asociacións de veciños para a organización de actividades

19, Outubro 2015

As concelleiras de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega e do Rural, Charo González, organizaron unha reunión cos presidentes e representantes do movemento asociativo veciñal carballiñés, aos que pediron colaboración para favorecer a participación en distintas actividades.

Concretamente, as concelleiras presentaron aos dirixentes veciñais a celebración dunhas xornadas de envellecemento saúdable orientadas a persoas de todas as idades.

Estas xornadas, promovidas dende AFAOR, consistirán fundamentalmente en diversos talleres divididos en función da temática, hábitos alimenticios, mellora das capacidades cognitivas ou saúde mental.

As actividades desenvolveránse en función das demandas tanto nas parroquias do rural como no Carballiño, as inscricións e horarios de celebración daránse a coñecer nos próximos dias.