O concello pon en marcha unha canle informativa e para a comunicación de incidencias, a través dunha APP

30, Xullo 2021

Este novo servizo que pon en marcha o concello de Avión serve como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no equipamento urbano do municipio. Para todos aqueles que non poidan ou non saiban empregar esta APP, seguiráse coas canles de comunicación habituais de avarías: vía telefónica ao 988 48 60 00 ou de maneira presencial nas oficinas municipais.

Para utilizar o servizo é necesario descargar a APP en Google Play ou APP store de forma gratuíta. O usuario debe seleccionar o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. Para comunicar unha incidencia, basta con picar sobre o botón "Nova Incidencia". O usuario selecciona o tipo de incidencia que quere comunicar, podendo engadir fotos ou algún comentario. Unha vez enviada, o persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado.

O cidadán recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma. O Concello de Avión anima aos veciños do termo municipal a utilizar o servizo Liña Verde. Grazas á participación cidadá preténdese lograr un municipio que cumpra coas expectativas de benestar social dos seus veciños.