O Concello presume de xestíón económica tras rebaixar a débeda 2,6 millóns durante o actúal mandato
A débeda do concello do Carballiño atópase actualmente en "mínimos históricos" tras pasar de 3.237.281 euros, que había no ano 2014, a 617.133 euros, que é a previsión para o peche das contas do ano 2018.
Isto supón que nestes últimos catro anos (2015, 2016, 2017 e 2018) teríanse amortizado un total de 2.620.174,94 euros.
Polo tanto, "pode dicirse que as contas do concello están prácticamente saneadas tras tres anos e medios de goberno municipal dirixido por Francisco Fumega, nos que se conseguiu saír do Plan de Axuste imposto no ano 2012, e rebaixar a débeda dun xeito considerable", remarcan dende o concello carballiñés.
A débeda viva do Concello do Carballiño tivo o seu "teito histórico" no ano 2009 cando se alcazou a citra de 5,6 millóns de euros, dende ese ano comezou a rebaixarse progresivamente, ata os 617,133 euros, según o adianto feito dende o propio concello, ao peche do exercicio de 2018.