O concello prohíbe a feira do venres 16
O concello do Carballiño suspende a celebración da próxima feira, que ía a ter lugar este venres 16 de outubro, debido á situación xerada pola propagación da Covid 19 no municipio.
O concello, en consonancia coas restricións impostas por esta situación, así como a limitación de movemento fóra dos municipios do Carballiño, Boborás e O Irixo, adopta esta decisión como unha medida preventiva para evitar calquera tipo de concentración na vila que puidera provocar novos contaxios.
Por isto, suspéndese toda a actividade vencellada coa feira, non permitíndose polo tanto a instalación de postos de venda ambulante nas rúas.
Así mesmo, agárdase que todas as medidas tomadas contribúan a mellorar a situación e permitan desenvolver as feiras seguintes con normalidade