O concello promoverá unha campaña informativa sobre a domiciliación dos tributos municipais
O concello do Carballiño promoverá una campaña informativa co obxectivo de incrementar a domiciliación dos recibos de pagamento da taxa do lixo e dos impostos municipais de vehículos e bens inmobles.
Para isto, editará un calendario para ser distribuido entre a veciñanza cos períodos de domiciliación e pagamento voluntario. O desconto que se aplica na domiciliación do pagamento dos impostos municipais de vehículos e bens inmobles é do 3%, mentres que o da taxa do lixo é do 1,5%.
Actualmente, está en período de cobro voluntario o imposto de vehículos de tracción mecánica. Concretamente, comezou o pasado 1 de febreiro e rematará o 2 de abril. A domiciliación deste imposto debe facerse coa data límite do 19 de xaneiro, polo que só se poderá facer efectiva para o próximo exercicio.
Non obstante, para o pagamento da primeiro semestre da taxa de lixo, a data límite para a domiciliación do recibo é o 4 de abril. Esta mesma data rixe para a domiciliación do recibo do primeiro semestre do IBI. Así mesmo, para o pagamento de segundo semestre da taxa de lixo, a data límite de domiciliación é o 3 de agosto. Esta mesma data rixe para o o segundo semestre do IBI.