O concello proxecta varias actuacións para o parque municipal e o Bañiño de Arcos. Escoita aquí á concelleira Elvira Torres.

A Concelleira de Medio Ambiente e Termalismo do concello carballiñés, a concelleira do Grupo Popular Elvira Torres, pasou polos micrófonos de COPE O Carballiño para repasar a actividade deste departamento municipal.
Entre as actuacións previstas, a concelleira anunciou varias actuacións para executar no parque municipal do Carballiño e no paseo do río Arenteiro, asi como o previsto para acometer melloras na fonte minero-medicinal do Bañiño de Arcos.
Podes escoitar íntegra a entrevista no seguinte PODCAST: