O concello realiza obras de mantemento nas instalacións deportivas da Uceira
Os traballos consisten nunha limpeza integral de toda a superficie do terreo de xogo e zonas de banda e banquillos, para eliminar todas las sustancias que durante este tempo foron acumulandose no campo, cunha maquinaria especial para este tipo de labores. Desta forma consiguese osixenar o campo para, posteriormente realizar unha “replantación” de caucho que lle devolverá a estas instalacións deportivas o seu estado perfecto para a práctica de deportes.
O concelleiro de deportes Manolo Dacal considra que "era imprescindible realizar estes traballos canto antes, xa que nos últimos anos non se fixeron e este tipo de instalación requiren dun mantemento periódico, para que estén en perfecto estado para a practica do deporte, sendo a segunda vez que se realizan estes traballos nos últimos anos"..
Dacal sinalaba que “escollimos esta época do ano para realilzar estes traballos, tan necesarios nun campo artificial como o da Uceira, porque é cando menos actividade deportiva se concentra nestas instalacións, e así telo en perfectas condicións para o inicio da vindeira tempada das escolas deportivas”.
Estas instalacións da Uceira son empregadas o longo do ano por moitos deportistas, entre eles preto de 200 rapaces e rapazas da Escola Municipal de Futbol, así como por equipos de otras ligas como a de veteranos " polo que se pode afirmar que son as instalacións deportivas municipais con maior demanda e, polo tanto, as que maior atención deben ter por parte dos responsables municipais", remarcou Dacal.