O concello solicita a Fomento o 1,5 cultural para o proxecto de restauración do mosteiro de Lobás, valorado en 575.000 euros
O concello carballiñés ven de remitir ao Ministerio de Fomento a solicitude para acollerse ao 1,5 cultural e financiar asi a obra de restauración do mosteiro medieval de San Pedro de Lobás.
Asi o anunciou nesta emisora de radio o alcalde Argimiro Marnotes "nunca antes se dera este paso, a pesar de que se trata dunha reivindicación que ven de moitos anos atrás, pero nunca ata o de agora se fixera dende o concello esta solicitude, temos que poñer en valor o noso patrimonio", subliñou.
Na solicitude enviada dende o concello do Carballiño figura a correspondiente memoria sobre a actuación que pretende levarse a cabo, valorada en 575.000 euros, dos que o 25% "terá que ser aportado polo concello ou buscar unha subvención doutra administracción, avanzou Marnotes. En canto ao proxecto dixo que "consistirá fundamentalmente en consolidar a Igrexa e reconstruir parte do conxunto monástico, deixando espazos diáfanos con vistas a buscarlle unha utilidade, que podería ser a museística ou outra".