O concello suspende tamén a feira que tocaba celebrar este 31 de Outubro no Carballiño
O alcalde do Carballiño asinou esta mañá un decreto no que prohibe a instalación de postos ambulantes este sábado 31 de Outubro no Carballiño, de igual maneira que xa aconteceu o pasado dia 16, tamén queda polo tanto suspendida esta segunda feira do mes, q que tradicionalmente é coñecida como "a feira das frores" xa que ten lugar na véspera do dia de todos os santos.
O concello emitíu un comunicado no que da conta do decreto asinado polo alcalde Francisco Fumega "dacorde coas restricións que están vixentes Carballiño e para reforzar as medidas de prevención ante o coronavirus"