O concello tramita licenzas para os accesos de vehículos ao barrio de Flores

O concello do Carballiño abre este mércores, 10 de xuño, o prazo para solicitar permiso de acceso ao barrio de Flores en vehículo.
As licenzas otorgaranse a aquelas persoas que sexan residentes, que posean algunha praza de garaxe, negocio ou finca, ou calquera outra circunstancia que acredite que teña que acceder en vehículo ao barrio.
A solicitude de licencia deberase tramitar na Policía Local, e irá acompañada dunha certificación ou documento que xustifique ao acceso en vehículo a Flores.
En canto se tramite un número suficiente de licencias comezarase a aplicar o novo sistema de acceso.