O concello ultima unha modificación de crédito para destinar 790.000 a gasto social, fomento e axudas ao comercio, autónomos e pemes.
O concello do Carballiño anuncia que someterá a aprobación do pleno un expediente de modificación de crédito "xustificado no carácter específico e determinado do gasto para realizar e a imposibilidade de demoralo a exercicios posteriores",e enumera os motivos desta proposta:
A situación de alarma sanitaria que xerou a pandemia do Covid19 motivou que o Congreso suspendese as tres regras fiscais para o exercicio 2020 e 2021 para facer frente á crise sanitaria, económica e social que deriva daquela.
Para facer fronte a dita crise considérase necesario dispor de parte do Remanente de Tesurería en 2020 e de partidas que non están comprometidas e que se considera que non se van a usar para destinalo a outras finalidades que se consideran máis prioritarias.
•Concretamente prevese un incremento das axudas directas a organismos como Cruz Vermella (20.000 euros) ou Cáritas (20.000 euros) para que atendan necesidades derivadas desta situación.
•Establécese unha nova liña de axudas dirixidas ao fomento do comercio (300.000 euros).
•Prevese incrementar a axuda directa ao Centro Comercial Aberto ampliando as axudas para o Bono Comercio (160.000 euro) se aquel resulta un éxito na súa primeira edición.
•Amplíanse as partidas de gastos sanitarios que vai ter o concello motivado polas necesidades de limpeza, desinfección e diverso material: mascarillas, etc… (50.000 euros).
•Por último, aproveitase a necesidades de facer unha serie de melloras e reformas en edificios e instalacións para incrementar as partidas en obras e dar carga de traballo ao sector da construcción como medida de apoio ao mesmo. (300.000 euros)
No capítulo de investimentos en equipamentos de instalacións municipais, destínase unha partida de 150.000 euros para diversas melloras no camping e no Parque Etnográfico; 100.000 euros para diversas reformas e melloras en instalacións deportivas, e, finalmente, 50.000 euros para reformas e melloras en edificios culturais.
Nesta partida de gastos, en termos globais, os créditos totais ascenden a 1.198.000 euros, dos cales 600.000 euros son créditos extraordinarios, 190.000 euros son suplementos de crédito e 408.000 euros son créditos iniciais.
Xa que estes 408.000 euros contan con partida orzamentaria, é polo que a modificación de crédito refiriese aos 799.000 euros restantes, para completar o 1.198.000 euros do gasto total.