O Contencioso desestima as reclamacións de 11 Policias Locais contra o concello carballiñés
Varios Policías Locais, en total 11, demandaron ao concello solicitando o aboamento dunhas cantidades en concepto de gratificacións por traballo nocturno e por traballo en domingos e festivos, así como polas horas extras.
Estas cantidades computábanse dende o ano 2008, polos conceptos antes mencionados. Non obstante o avogado do concello alegou que os servizos da Policía Local "teñen carácter permanente durante todos os días do ano, e polo tanto, nos normais días de descanso semana e festivos, deberán establecerse as oportunas quendas".
O representante legal do concello do Carballiño alegou ademáis "que os servizos prestados en días festivos ou domingos ou noites sexan extraordinarios, senón que son ordinarios de todos os corpos policiais, sen que iso supoña dereito ao descanso do que haberán de gozar noutros días non laborables".
A circunstancia de traballo en festivos, nocturnidade e horarios especiais, son elementos a computar no complemento específico, polo que os que desempeñen os postos de traballo en que concorran estas non deberían ter dereito a compensación económica separada do complemento específico, aclara a resolución.
O Xulgado do contencioso de Ourense fallou en contra destes traballadores amparándose nas alegacións do avogado e do propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que cualificou estes servizos como estruturais e non como extraordinarios.
Así mesmo na sentenza que desestima as reclamacións aos Policías Locais sinálase que éstes cobran un específico, superior a outros funcionarios de categoría equivalente ou superior, o que significa que se ten en conta a especificade da súa xornada para retribuíla convenientemente.