O coronavirus non se detén: a comarca alcanza os 114 contaxios activos, deles 85 no Carballiño. Consulta aquí os casos en cada concello.
O coronavirus sigue a súa expansión na comarca carbaliñesa, neste primeiro dia no que entraron en vigor as medidas restrictivas na vida social publicadas no Diario Oficial de Galicia.
No municipio do Carballiño aumentan en sete os contaxios activos de covid-19 en relación aos números de onte, e son xa 85 os carballiñeses e carballiñesas que están pasando pola enfermidade.
No resto dos concellos o número de contaxios que están activos suman 29 casos, que se reparten asi: Boborás (10) Beariz (6) Maside (4) San Cristovo de Cea (3) O Irixo (3) Piñor (2) e San Amaro (1). O único concello que se mantén libre de coronavirus a día de hoxe é o de Punxín, con 0 casos.