O coronavirus volve repuntar nas comarcas do Carballiño-Ribeiro coa aparición de novos contaxios nas últimas 48 horas
Despóis de permanecer moitas semanas coa incidencia de covid máis baixa de toda Galicia, coa maioría dos concellos libres de virus, a tendencia torceuse nas últimas horas coa aparición de novos positivos dignosticados en varios concellos, que volven estar afectados.
Asi, O Carballiño que rexistraba 2 casos activos incrementou nas últimas 24 horas o número de persoas enfermas de covid, que son agora 5 según a última actualización de datos feita nesta mañá de venres polo Sergas.
O concello de PIñor volver notificar un caso activo. Mentres, no Ribeiro está asistindo nas últimas horas a un goteo de novos contaxios que afecta xa a varios concellos: Avión (2) Ribadavia (7)) A Arnoia (1) Cenlle (1) Melón (1) e Carballeda de Avia (1)