O cribado de Boborás detecta 1 positivo entre as 523 persoas que realizaron as PCR
O cribado realizado polo Sergas este pasado venres a 523 persoas do concello de Boborás detectou un positivo por coranavirus, mentres que 522 deron resultado negativo nas probas PCR.
A participación neste cribado selectivo foi do 65,3%, xa que das 800 persoas que foron citadas participaron 523. O concello de Boborás ten hoxe 13 contaxios activos, dous menos que o pasado xoves cando rexistraba 15 persoas con infección activa. O Próximo lúns Boborás pasa a nivel 1 de restricións.