O cribado do Sergas en Boborás tivo unha participación do 65,3%, acudiron 523 persoas das 800 que foron citadas
A participación no cribado de Boborás ao que estaban convocadas 800 persoas tivo unha participación do 65,3%, xa que finalmente foron 523 as persoas que acudiron a esta cita no pavillón de deportes da localidade.
A participación é semellante ao primeiro cribado que se realizara a finais de xaneiro no Carballiño, daquela fora en domingo e unha participación do 65,2%, e case catro puntos superior ao segundo cribado de principios de febreiro, no que igual que hoxe en dia laborable, foran convocadas persoas dos concellos do Carballiño, Punxín e Maside, e obtivera unha participación do 61,4%.
Os resultados negativos das PCR que se realizaron hoxe en Boborás serán comunicados mediante SMS, e no caso dos positivos serán chamados dende o centro de saúde.