O delegado territorial da Xunta reúnese co alcalde de Avión para abordar vías de colaboración en proxectos de interese municipal
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Avión, Antonio Montero, que serviu para analizar as principais demandas e necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.
Manuel Pardo, trasladoulle ao rexedor o compromiso do Goberno galego de traballar de xeito conxunto no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar de todos os veciños e veciñas do municipio.