O delegado territorial , Gabriel Alén, anuncia na súa visita a Piñor a construcción dun albergue de peregrinos neste concello, no que a Xunta investirá 1 millón de euros
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial. Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Piñor, onde mantivo unha reunión co corr alcalde José Luís González, analizando as principais demandas deste municipios en relación á Administración autonómica.
Nesta xornada de traballo na casa do concello de Piñor ambos mandatarios abordron diversos temas prioritarios para o municipio en materia ambiental e de patrimonio cultural, entre outros. O delegado sinalou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vai contratar a redacción do proxecto da segunda fase da travesía do Reino.
Así mesmo, Gabriel Alén informou ao alcalde de Piñor que Vicepresidencia da Xunta está a redactar o proxecto de construción dun novo albergue para peregrinos no concello de Piñor, que ascende a preto dun millón de euros, e cuxa singularidade é que contará con cabalarías para aqueles peregrinos que fagan o camiño a cabalo. Este futuro albergue de peregrinos ubicaráse na localidade de Arenteiro.