O descalabro do goberno municipal abre unha etapa de incerteza política no Irixo. Escoita aquí a entrevista ao portavoz popular, Manuel Cerdeira.
A fenda aberta no seo do goberno do concello do Irixo, que preside a alcaldesa Susana Iglesias, ao votar un dos concelleiros do seu propio grupo en contra do orzamento municiipal no pleno deste pasado xoves, abre unha etapa de total incerteza política neste municipio.
O concelleiro díscolo, Juan Manuel Villanueva, que criticou con moita belixerancia a compañeira de grupo e alcaldesa, dixo neste pleno que a súa paciencia estaba agotada debido as grandes diferencias coa "actitude dictatorial da alcaldesa".
No PODCAST de COPE O Carballiño, o portavoz do grupo popular, achéganos o seu punto de vista sobre a actúal situación política no concello do Irixo.