O desemprego ronda as 2.500 persoas na Comarca, delas 1.422 no Carballiño
As cifras do paro do pasado mes de decembro de 2011deixan un novo record histórico tanto no conxunto dos concellos da Comarca, como no municipio do Carballiño. Un total de 2.462 traballadores están inscritos como demandantes de emprego, o que siñifica o pior dato comarcal desde que se realiza esta estatística oficial.
No municipio do Carballiño son 1.422 as persoas ( 739 mulleres e 683 homes ) que están no paro. No pasado mes de decembro outras 32 persoas engrosaron as listas do desemprego, e en termos interanuais a cifra de parados aumentou en 108 persoas, o que siñifica unha variación negativa do 8,22% en relación ao mesmo mes do ano anterior. Por sectores, os 1.422 parados carballiñeses, repartense entre os 200 na industria, 293 na construcción, 32 na agricultura e 724 en servizos, mentres que sen emprego anterior figuran 173 persoas.
No resto da Comarca, encabeza o ranking do paro o Concello de Maside con 285 demandantes de emprego, seguido de Boborás con 198, Cea con 141 e O Irixo, con 115. Completan a lista os municipios con menos poboación, en San Amaro non teñen traballo 99 persoas, en Piñor 93, en Punxin 62 e finalmente, 47 en Beariz. Non obstante, en termos interanuais, en dous concellos descendeu o paro no último ano, en Cea, onde o paro baixou un 8,44% e San Amaro, cun 8,33 menos de parados.
Finalmente, nos concellos de Leiro e Avión a evolución interanual do paro tamén é negativa, un 31 % en Avión ( 95 desempregados) e un 3,55% en Leiro ( 146 persoas en paro )